viernes, 9 de marzo de 2018

Novos prezos de carnés dirixidos á mocidade



No DOG do 4 de xaneiro publícase a modificación dos prezos de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.


Carné Xove

Que é o carné xove?
Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40  países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Os mozos e mozas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, terán dereito á expedición gratuíta deste carné. Así como as persoas víctimas de violencia de xénero e os os seus fillos/as.
Documentación para facer o carné xove: Tes que cubrir a solicitude e o impreso de pagamento de taxas

Quen pode facelo? Que vixencia ten?

Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive.
A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive)




Programa de prestación por fillas e fillos menores de tres anos.



A quen vai dirixido?

1. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2018 (nados entre o 2.1.2015 e o 1.1.2018, incluídos) e que, durante o ano 2016, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.
No caso de fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2016 e o 31 de decembro de 2017, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou o acollemento.
2. Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.
Prazo de presentación ata 21/03/2018