viernes, 29 de septiembre de 2017

Actividades extraescolares curso 2017/18: NOTA ACLARATORIA HORARIOS

Unha vez recibidas as inscripciones e feitos os grupos adaptados a facilitar a maior calidade nas mesmas podemos destacar certos cambios nos horarios, respondendo as vosas dúbidas aclaramos : 

ESCOLA DE MÚSICA MODERNA
Fixemos nestas dúas últimas semanas dúas reunións entre as familias e os Mestres da Escola o que permitiu pechar os horarios. Os que non teñan claro o seu horario poden chamarnos para confirmar.

FÚTBOL SALA :  Martes e xoves no pavillón do CPI

Grupo de Primaria : 4º e 5º de EP (15:15 a 16:15 h.)

Grupo da ESO : 6º EP e ESO  (16:15 a 17:15 h.)

TAEKWONDO   :   Luns e Mércores no ximnasio de A Senra

GRUPO 0 : Unitarias do CRA de Bergondo  (16:15 a 17:15 h.)

GRUPO 1 : Dende 1º EP ate 4º EP ( 5:15 A 16:15 h.)

DANZA COREOGRÁFICA  :  Martes e Xoves no edificio A Senra

GRUPO 0 : 1º EP ate 3º EP (15:15 ate 16:15 h.)

GRUPO 1 :  3º EP ate 1º ESO  (16:15 ate 17:15 h.)

XIMNASIA DEPORTIVA E ACROBÁTICA : Martes e Xoves no edificio A Senra

GRUPO 1 : 3º EP – 4º EP  (15:15 ate 16:15 h.)

GRUPO 0 : 1º EP – 2ºEP  (16:15 ate 17:15 h.)

PATINAXE :  No Pavillón do CPI

GRUPO O : Unitarias e 1º EP ( Luns 16:15 ate 17:15 h)

GRUPO 1 : 2º EP – 4º EP (Mércores 15:15 ate 17:15 h.)

GRUPO 2 : 4º EP – 6º EP (Luns 15:15 ate 17:15 h.)

XADREZ :    No edificio C do CPI

E. Primaria (Mércores 15:15 ate 16:15 h.)

TEATRO: no edificio A Senra
GRUPO 1: 1º A 4º EP (Luns 15:15 h. ate 17:15 h.)
GRUPO 2: 5º a 6º EP (Mércoles 15:15 h. a 17:15 h.) Senra,  aula CPI
GRUPO 3: ESO (Venres 15:15 h. ate 17:15 h.)

BALONCESTO: Martes e Xoves no Pavillón do CPI
E.P + ESO (16:15 h. ate 17:15 h.)

RÓBOTICA: No edificio C do CPI
Pendente conformar horario coas familias.

ATLETISMO: Venres no Pavillón do CPI
E.P + ESO (15:15 h. ate 17:15 h.)

PISCINA: Venres  Sada saida CPI Cruz do Sar 15:35 volta 17:10
GRUPO 1: EP + ESO (16:00 h. ate 16:45 h.) dentro auga.
GRUPO 0: CRA (16:45 h. ate 17:30 h.) dentro auga.






NOTA INFORMATIVA DE INICIO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017-2018

Inicio o luns 2 de outubro, remate o 31 de maio do 2018

É obrigatorio ser socio para participar nas actividades organizadas polo APA.

Utilizaremos listas de difusión telefónica para enviar información urxente, faremos os grupos por actividade no teléfono 654048912, é necesario que o arquivedes nos vosos contactos para utilizalas.

O abono das mensualidades deberá facerse por transferencia bancaria, non cobramos en efectivo, para facilitar o traballo de tesourería pedimos que fagades os pagos por trimestre, si causa baixa devolverase o importe.

Conta bancaria APA AS MARIÑAS : ES41 2080 0045 9230 4000 1481 (ABANCA)

Para darse de baixa nunha actividade deberá avisar coa antelación de quince días, caso contrario deberá abonar o mes no que cause a baixa na actividade.

O servizo de autobuses financiados pola APA sairán do CPI Cruz do Sar ás 17:15 horas, é imprescindible que teñamos unha autorización por escrito cando non sexan os pais os que recollen ao alumnado, os rapaces e rapazas da ESO poderán baixar na súa parada sen depender dun adulto responsable. O servizo é de martes a venres (incluido o desprazamento á piscina de Sada os venres). Os luns non hai autobús.

Como sabedes o horario de actividades é de 15:15 h. a 17:15 h. iso quere dicir que a entrega dos alumnos,-as, que non marchan en autobús, realízase ao termo da actividade, entendemos que algunhas veces poden darse imprevistos que vos impiden chegar puntuais. Neses casos, para maior tranquilidade, agradeceriamos que comuniquedes o atraso ao APA ou ao Colexio. Se ninguén se presenta a recoller ao neno ou nena á hora de saída e non se localiza aos pais, transcorridos quince minutos de espera informarase a Policía Local adoptando o protocolo de actuación establecido polo Colexio

Para resolver calquera dúbida podedes escribir ao mail anpa.asmarinas@gmail.com ou consultar directamente aos teléfonos 606758749 ou 654048912





Libros: AVISO Concello de Bergondo.



As persoas que teñan pendente de recoller os libros de préstamo, poden pasar a recollelos ata este venres día 29 de setembro ás 14:30 horas na Casa de Cultura.

Os que non veñan a recollelos neste prazo perderán o dereito ó préstamo de libros do curso 2017-2018.

lunes, 25 de septiembre de 2017

Xornada de portas abertas de Música e Hípica.

O APA AS MARIÑAS convida a alumnado e familias a dúas xornadas de portas abertas : Escola de Música Moderna o xoves 28 en horario de 15:15 a 18:00 h no edificio C do CPI.


E o luns día 2 a actividade de hípica en "As Leiras Centro Ecuestre" de Bergondo desde as 16:00 h ata as 18:00 h.


domingo, 24 de septiembre de 2017

Programa de Becas de la Fundación Amancio Ortega. Edición 2018-2019.

Próxima convocatoria a partir del 2 de octubre de 2017. 

Bases disponibles a partir del 25 de septiembre de 2017.
El programa de Becas de la Fundación Amancio Ortega tiene el objetivo de facilitar el aprendizaje del inglés y la inmersión en la cultura extranjera a jóvenes de institutos y colegios españoles durante un año académico. Los alumnos seleccionados convivirán con una familia de acogida y cursarán Grado 11 (nivel equivalente a 1º de Bachillerato). La beca cubre el 100% del coste del curso escolar en Canadá o Estados Unidos: viaje, tasa de escolarización, convalidación de estudios, alojamiento y manutención en una familia de acogida, seguro médico y de accidentes, y el apoyo continuado durante los diez meses de estancia.

Ayudas para el desarrollo de un programa de inmersión lingüística durante el otoño de 2017.


Inscripciones hasta el 04/10/2017
Requisitos:
·         30 grupos de alumnos de 1.º de ESO, y 30 grupos de alumnos de 2.º de ESO, matriculados en centros sostenidos con fondos públicos.
·         Los alumnos/as viajarán acompañados por dos profesores/as, que se reponsabilizarán de la adecuada participación del grupo en la actividad. 
·         Los responsables del grupo presentarán junto a su solicitud un proyecto didáctico.

miércoles, 13 de septiembre de 2017

Banco de Libros


Horario Actividades Curso 2017 - 2018

Estimadas familias:
As ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES no curso 2017-2018 inician o 2 de outubro.
Se estades interesados deberedes devolver esta inscripción e a ficha cos datos. O Concello ten que dar a alta a cada nen@ no seguro de accidentes que formaliza gratuitamente. Ningún menor poderá asistir a actividade/s se non entregou no APA o impreso de inscrición de socio debidamente cuberto e asinado. Fina prazo de entrega o venres 22.
As cotas de socio e mensualidades débense aboar mediante transferencia bancaria.
Mantense o descontó dun 20% nas cotas mensuais das actividades (non da cota de socio) as familias que o acrediten mediante a presentación do título acreditativo en vigor.
Máis información no Blog da APA  AS MARIÑAS : apaasmarinas.blogspot.com.es y facebook.
Moitas grazas pola vosa colaboración

As actividades inícianse a partir dun número mínimo de alumnos inscritos (10)

Cuota de Socio: 10€ curso y familia.

Muy importante, leer toda la información.

Para ver o imprimir pinchar enlaces: