viernes, 2 de junio de 2017

Éxito de participación na I Festa das ANPAs da Escola Pública.


O pasado sábado 27 de maio, xuntámonos máis de 1200 persoas, de case trinta ANPAs de centros públicos de toda a Provincia, para celebrar a I Festa das ANPAs da Escola Pública.

E é que non todo vai ser traballar a reo nos centros pola educación dos nosos fillos, pola gratuidade dos libros de texto, organizando actividades extraescolares, comedores, bancos de libros, accións formativas, redactando actas, levando as contas, solicitando subvencións… Decidimos que tamén estaría ben poñernos cara unhas ANPAs a outras, intercambiar opinións e desfrutar dun día en familia… e seica a unha morea de xente gustoulle a idea: xogos tradicionais, exhibición canina, capoeira, festa da escuma… ¡repetiremos!


Queremos agradecer a todos os colaboradores, que nos botaron unha man para que este encontro fora posible, a todos os que traballáchedes na organización, aos monitores das actividades, a Protección Civil, que se encargou da seguridade, aparcadoiros… a Garda Civil e 061 por deixarlles troulear aos cativos neses vehículos tan molones que tedes e, por suposto a todos os que vos achegáchedes a pasar o día connosco.



No hay comentarios:

Publicar un comentario