A: TODAS AS ANPAS
FEDERADAS
ASUNTO: BANCO DE LIBROS E
AXUDAS DESTINADAS PARA SUA ADQUISICIÓN
Estimados
e estimadas amigos e amigas:
Por
esta razón moitos de vós puxestes en marcha o Banco de Libros e outros nos preguntastes como facelo. Animámosvos
a unirvos a este proxecto como iniciativa que implique a toda a Comunidade
Educativa para levala a cabo, co obxectivo de que unha cantidade de libros
poidan ser aproveitados polos nosos alumnos e alumnas e supoña un aforro para
as familias.
Isto
non significa que ante a Consellería de Educación non sigamos presionando para
recuperar a gratuidade universal no ensino obrigatorio, como sempre o fixemos,
e así o demostra o traballo de CONFAPA-GALICIA, presidida pola Federación Provincial
de ANPAS da Coruña, que no ano 1998 promove en Galicia a Iniciativa Lexislativa
Popular que levada ao Parlamento Galego é rexeitada polo Partido Popular e
posteriormente, avalada por máis de 600.000 firmas de todas as Federacións e
Confederacións do Estado, sométese á aprobación do Congreso dos Deputados sendo
rexeitada polos votos en contra do PP, CIU e PNV, pero créase unha subcomisión
para estudar a súa viabilidade. A ministra de Educación de entón, Pilar del
Castillo, anuncia no ano 2000 que é “imposible” a gratuidade dos libros de
texto.