viernes, 5 de julio de 2013

Listado de libros de texto 2013-14

Listado de libros de texto de todos los cursos de Cruz do Sar

Ver listado:
https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxhbnBhYXNtYXJpbmFzfGd4Ojc1YjVhMGI1MGNjZTVhZjk

Banco de libros: Plan de intercambio


BANCO DE LIBROS. PLAN DE INTERCAMBIO

 

APA AS MARIÑAS
 

            A APA AS MARIÑAS promove, sen ánimo de lucro, para as familias da comunidade educativa do CPI Cruz do Sar, por segundo ano consecutivo, o proxecto de banco e intercambio de libros de texto usados neste curso escolar.

            Pretendemos que supoña un aforro ás familias nos numerosos gastos de setembro, fomentar a reciclaxe entre o alumnado deste Centro e valores, entre os nosos fillos, como son os de compartir, coidar materiais escolares, cooperación, a solidariedade, concienciación co coidado do medio ambiente na redución do gasto de papel ou inculcar o respecto polos libros, entre outros.


            Dende a APA facilitamos o intercambio dun xeito simple, a persoa que queira doar ou recibir libros de texto -gratuitamente- ten que poñerse en contacto coa xunta directiva da APA, pode ser no teléfono : 697 48 25 77 ou correo anpa.asmarinas@gmail.com ou no blog do APA. 

 

                        PRAZOS IMPORTANTES :


            .- A data de RECOLLIDA dos libros na oficina da APA finaliza o vindeiro venres 12 de xullo. Recolleranos en conserxaría do Centro, de forma que nos permita clasificar, revisalas condicións dos libros e preparar os lotes para entregar na semana seguinte. Avisaremos as familias, que estean anotadas previamente, por teléfono para vir a recollelos á oficina do APA no Colexio.
           
            .- Tamén se pode facer o intercambio entre as familias interesadas, nós poñerémolos en contacto e eles falarán directamente, o noso traballo só será buscar as familias que coincidan coa necesidade dos libros de texto do curso que solicitasen.

             No vindeiro ano continuaremos co banco de libros, para inscribirse será obrigatorio ser socio do APA durante o curso escolar.

 

            Atentamente,

 

            Xunta Directiva da APA AS MARIÑAS
 

 

lunes, 1 de julio de 2013

Convocatoria dos programas Axudas Xenéricas e Préstamo de Libros de Texto no Concello de Bergondo

Convocatoria dos programas
Axudas Xenéricas e Préstamo de Libros de Texto
no Concello de Bergondo

durante o curso escolar 2013-2014

O Concello de Bergondo puxo en marcha, fai uns anos, dous programas que tiñan como
obxectivo colaborar coas familias do municipio no esforzo económico que o comezo do
curso ocasiona. Os programas son os seguintes:

- Programa de axudas xenéricas: entregarase a cada solicitante un libro que será
da súa propiedade. Neste caso, ao ser libros nos que se ten que escribir, non
poden ser de préstamo. Este programa afecta aos seguintes cursos:

o 1º primaria
o 2º primaria

- Programa de préstamo de libros de texto: o/s libro/s serán propiedade do
concello de forma que, ao remate do curso escolar, deberán entregarse no propio
centro para que poidan ser empregados por outros alumnos/as nos vindeiros
anos. Deberán entregalos en perfectas condicións e, no caso contrario,
deberán repoñelos.Será de aplicación nos seguintes cursos:

o 3º primaria
o 4º primaria
o 5º primaria
o 6º primaria
o 1º secundaria
o 2º secundaria
o 3º secundaria
o 4º secundaria

Como moitos de vos xa fostes beneficiarios deste programa durante o curso
escolar 2012-2013, rogamos que os entreguedes, antes de rematar o curso, no
colexio. Tan so se poderán quedar con eles os/as estudantes que repitan curso ou
que lles quede esa materia pendente para setembro, debendo facelo constar na
correspondente solicitude.

O libro/s que formarán parte dos programas saberanse a partires do 15 de xullo. Para
saber cales son poderedes chamar ao número de teléfono 981.791.252 (ext 4) ou
consultalos na páxina web do concello www.bergondo.es

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Poderán acollerse os estudantes que cursen os estudos no CPI Cruz de Sar e que, no
momento da solicitude, estén empadronados no Concello de Bergondo e, nun principio,
teñan a intención de continuar estando ao longo do curso.

Quedarán excluidos:
- As novas incorporacións de alumnado que se produzan con posterioridade aos
prazos de solicitude, salvo no caso de existencia de crédito na partida
orzamentaria.

As solicitudes realizaranse, segundo o modelo oficial debidamente cumprimentado,
preferiblemente na Casa da Cultura, polos pais, nais ou representantes legais do/a
alumno/a en horario de 9.00 a 14.00 horas, nos seguintes prazos:

- Para o alumnado que formalice a matrícula no prazo ordinario: 1 ao 5 de
xullo, ambos inclusive.
- Para o alumnado que formalice a matrícula no prazo extraordinario: 9 ao 13 de
setembro, ambos inclusive.
http://www.concellodebergondo.com/texto.asp?id=234&id2=594&idnoticia=5674