martes, 26 de febrero de 2013

Información


                                                                                                        Circular 444/13

  

A: TODAS AS ANPAS FEDERADAS


ASUNTO: BANCO DE LIBROS E AXUDAS DESTINADAS PARA  SUA ADQUISICIÓN


Estimados e estimadas amigos e amigas:


Aínda que na nosa Comunidade até agora mantivéronse as axudas para a compra de libros de texto, estas son cada vez máis escasas e chegan a menor número de familias.

Por esta razón moitos de vós puxestes en marcha o Banco de Libros e outros nos preguntastes como facelo. Animámosvos a unirvos a este proxecto como iniciativa que implique a toda a Comunidade Educativa para levala a cabo, co obxectivo de que unha cantidade de libros poidan ser aproveitados polos nosos alumnos e alumnas e supoña un aforro para as familias.

Isto non significa que ante a Consellería de Educación non sigamos presionando para recuperar a gratuidade universal no ensino obrigatorio, como sempre o fixemos, e así o demostra o traballo de CONFAPA-GALICIA, presidida pola Federación Provincial de ANPAS da Coruña, que no ano 1998 promove en Galicia a Iniciativa Lexislativa Popular que levada ao Parlamento Galego é rexeitada polo Partido Popular e posteriormente, avalada por máis de 600.000 firmas de todas as Federacións e Confederacións do Estado, sométese á aprobación do Congreso dos Deputados sendo rexeitada polos votos en contra do PP, CIU e PNV, pero créase unha subcomisión para estudar a súa viabilidade. A ministra de Educación de entón, Pilar del Castillo, anuncia no ano 2000 que é “imposible” a gratuidade dos libros de texto.

Escola de NAIS E PAIS : Xoves 28 de febrero

Prevención dende a familia: “falando de drogas"

Bergondo, xoves 28 de febreiro de 2013

20:00-21:30 horas

Biblioteca do Multiúsos A Senra




Pregámoslle que confirme a asistencia ao acto


981 79 12 52, ext. 4

Escola de NAIS E PAIS: Calendario das actividades 2º trimestre


ESCOLA DE NAIS E PAIS
2º trimestre 2012-2013
CÓDIGO DA ACTIVIDADE
C1/1ª
Proxecto: 
FOMENTO DA IMPLICACIÓN DA FAMILIA, ORGANIZACIÓNS E INSTITUCIÓNS DO CONTORNO ESCOLAR
Localización física da actividade: Edificio Multiúsosl A Senra (Bergondo)

jueves, 21 de febrero de 2013

NOTA IMPORTANTE

NOTA IMPORTANTE PARA OS ASOCIADOS:

 
Dende a xunta diretiva desta APA fixéronse as oportunas xestións para acadar que na oficina de Novagalicia Banco, ubicada en San Isidro, Bergondo, se permitise aos nosos socios que fagan os ingresos na conta da APA nº 3040001481 sen ter que pagar 3 euros por comisions para o mesmo banco.

 De xeito que calquer persoa que faga un ingreso nesta conta, sexa ou non cliente desta oficina, quedará exento do pago da comisión que se estaba a cobrar ate este mes de febreiro e só abonará a cuota correspondente á APA AS MARIÑAS.

 Para calquer tipo de dúbida rogamos chamen aos teléfonos: 697 48 25 77 - 663 48 64 49          

 
Atentamente,


Xunta directiva APA AS MARIÑAS

jueves, 14 de febrero de 2013

Escola de Nais e Pais.

 
 
 
 
SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN BERGONDO CONCELLOcid:image004.png@01CE0AB1.DEA5F3B0

Distinguido/a Sr./Sra.

A Presidenta Alcaldesa do Concello de Bergondo,

comprácese en convidalo/a a Vde.

á Escola de Nais e Pais.

RELATOR

D. Juan Carlos Prados

Psicólogo

lunes, 4 de febrero de 2013

Festa de Antroido: Cra de Bergondo


   

        FESTA DE ANTROIDO

CRA de Bergondo

 

Data : Xoves día 7 de febreiro pola tarde, no pavillón do CPI Cruz do Sar

Horario : A partires das 15.30 horas ate as 17.30 horas.
 

Os que participen deberán estar con persoas adultas non poden quedar os nenos e nenas sen un adulto responsable.

Teremos : “Hinchable”, obradoiro de máscaras, obradoiro de globos, obradoiro de maquillaxe e CONCURSO DE DISFRACES coa entrega de diplomas aos tres primeiros gañadores.

Os alumnos/-as de 4º da ESO este ano queren ir a Italia de viaxe de fin de curso, venderán chuches e terán outras sorpresas para os adultos de xeito que entre todos lles axudemos económicamente na viaxe.

A empresa encargada de aportar o material necesario así como monitores para esta festa será AXIÑA Servicios Deportivos, S.L.


Dende a xunta diretiva da APA AS MARIÑAS agradecemos a vosa presencia e recordamos que non é obrigatorio disfrazarse pero ... váise valorar moito. IMOS DE FESTA !!!!

 

Festa de Antroido

    
FESTA DE ANTROIDO



Xoves día 7 de febreiro pola tarde, no pavillón do Colexio, dende as 15.30 horas ate as 17.30 horas organizamos unha súper Festa de Antroido e haberá dous autobuses ao remate.

O alumnado de E. Primaria e Secundaria deberá traer o seu disfráz gardadiño (non poden vir disfrazados da casa) para poñelo despois do xantar ( no caso de quedar no Centro ) ou tamén poden ir a casa para disfrazarse e incorporarse despois a festa.  Respetarase o horario escolar de entrada-saída e de clase tanto o xoves coma o venres.

Os que asistan deberán cumprimentar a ficha ao final deste escrito cos seus datos.

Teremos : “Inchable”, obradoiro de máscaras, de globos e de maquillaxe máis un CONCURSO DE DISFRACES coa entrega de diplomas aos tres primeiros gañadores.

@s alumn"s, de 4º da ESO venderán "chuches e palomitas"(deste xeito podemos axudar economicamente na viaxe).  

A empresa encargada de aportar o material necesario así como monitores será AXIÑA Servicios Deportivos, S.L.

Dende a xunta diretiva da APA AS MARIÑAS agradecemos a vosa presencia e recordamos que non é obrigatorio disfrazarse pero ... váise valorar moito. IMOS DE FESTA !!!!

 

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------

ALUMN@s : ..............................................................................................................

Quedase despois de comer SI/NON                 Vai a cas para disfrazarse SI/NON

Teléfono de nai/pai : .....................................................................................................

Marchará en bus SI/NON     Parada bus : ..................................................................

Marchará cun adulto: Nome : .......................................................................................

 

Entregar en secretaría ou na oficina da APA AS MARIÑAS. Grazas.


Para imprimir:
https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxhbnBhYXNtYXJpbmFzfGd4OjE1Mjg0MzExZTFiNmY0MWU