Recordar que comienza el día 8 de noviembre de 15:30 a 17:00 en el CPI Cruz do Sar.
miércoles, 31 de octubre de 2012
lunes, 29 de octubre de 2012
Piscina
El viernes 2 de noviembre no hay colegio.
Los padres que quieran llevar a sus hijos a la piscina pueden hacerlo. No hay bus, cada padre tiene que llevar a sus hijos por sus propios medios.
Avisar al apa, por teléfono o por correo la asistencia a la piscina.
Gracias.
Los padres que quieran llevar a sus hijos a la piscina pueden hacerlo. No hay bus, cada padre tiene que llevar a sus hijos por sus propios medios.
Avisar al apa, por teléfono o por correo la asistencia a la piscina.
Gracias.
lunes, 22 de octubre de 2012
I XORNADA EMERXENCIAS NO CPI CRUZ DO SAR
O vindeiro mércores
día 24 os nosos fillos terán unha ESCOLA diferente, poderán
participar nunha amplia mostra de medios e recursos para atender a situacións de emerxencias e seguridade cidadá.
Comenzá ás 10.30 no pavillón do Colexio cunha parte teórica
-impartida por profesionais-, mostra do traballo de cans policías especialmente adiestrados da Garda Civil, a posteriori ate as 13.30
horas, continuarán coa parte de carácter práctica no aparcamento de A
Senra coas explicacións didácticas e coa exhibición de tódalas dotacións e medios dos que dispoñen os Organismos colaboradores para protexer e salvar ás persoas.
Organismos
que participan:
.- Guardia
Civil de Tráfico de A Coruña
.-
Patrulla da Guardia Civil Rural do Cuartel de Sada
.- Axentes
do Plan Integral de Mellora de Convivencia Escolar
.- Servizo
Cinolóxico da Guardia Civil de A
Coruña
.- Servizo
de Protección da Natureza (SEPRONA)
.- Servizo
Marítimo Provincial da Guardia
Civil de A Coruña
.-
Protección Civil de Bergondo
.- Axencia
Galega de Emerxencias : AXEGA
.-
Bombeiros do Consorcio Provincial de A Coruña :
Betanzos
.- Policía Local de Bergondo
O
obxectivo desta actividade é informar e sensibilizar ao
alumnado de Primaria e Secundaria do CPI Cruz do Sar e dar a coñecer como traballan e actúan
estes servizos de emerxencias diante das diferentes situacións inesperadas así como coñecer de primeira man cales son os materiais dos que dispoñen para realizar o seu labor e protexer, salvar persoas e garantizar a
seguridade dos cidadáns. Ao mesmo tempo obter o
recoñecimento merecido por parte
da Comunidade Educativa a ese traballo e dedicación esencial para a nosa seguridade e tranquilidade.
Queremos
amosar o noso agredecimento pola colaboración e
esforzo dos Organismos e Corpos de Emerxencias colaboradores nesta I Xornada,
que sen o seu esforzo voluntario sería
imposible a realización deste evento tan lúdico como didáctico para os nosos fillos e
fillas, asemade aos mestres e equipo directivo do Colexio e ao Concello de
Bergondo que nos está facilitando a ubicación idónea para conseguir que esta
I Xornada de Emerxencias sexa un éxito.
Atentamente,
Xunta
directiva APA AS MARIÑAS
miércoles, 17 de octubre de 2012
martes, 16 de octubre de 2012
CONFAPA-GALICIA
SECUNDA A INICIATIVA DE CEAPA DE SUMARSE
Á FOLGA CONVOCADA POLO SINDICATO DE
ESTUDANTES PARA CONVERTILA NUNHA ACTUACIÓN CONXUNTA DO ALUMNADO E AS FAMILIAS
Entre outras cousas, CONFAPA-GALICIA convoca á folga para as
nais e os pais para o xoves día 18 de outubro.
CONFAPA-GALICIA considera que a gravísima
situación actual demanda unha resposta contundente do alumnado e as súas
familias. Estamos ante un ataque sen precedentes aos dereitos do alumnado e das
familias, con salvaxes recortes na educación pública que, no contexto actual,
vense agravados pola coincidencia con outras medidas igualmente inaceptables.
Iniciamos un curso escolar que supera con
creces os peores pronósticos; pensamos que chegou o momento de que o alumnado e
as familias, ademáis de seguir a realizar movilizacións conxuntas co resto da
Comunidade Educativa, eleven a súa voz para dicirlle ao Goberno Central
e ao goberno de Feijoo que está a seguir o seu camiño, que temos chegado a un
punto de non retorno, que non estamos dispostos a tolerar nin unha soa medida
máis.
Alumnos e pais estamos soportando recortes
en todas as partidas, que non fan outra cousa que castigar as xa maltreitas
economías familiares, abocando ao abandono educativo a moitos rapaces e rapazas
por cuestións económicas. É intolerable e debemos cambiar radicalmente as
medidas que se están a tomar.
Sobran os motivos, mais queremos subliñar
especialmente que o alumnado e as familias movilizarémonos conxuntamente
porque:
--Non aceptamos un novo cambio de Lei
educativa. A sociedade está xa cansa de que cada novo Goberno se empecine
en modificar a lexislación educativa, máxime se, como está a ocorrer agora,
faise sen contar cos diferentes sectores buscando cambiar o actual modelo
social e satisfacer consignas ideolóxicas.
--Non aceptamos mentiras para xustificar
unha reforma do sistema educativo, terxiversando datos e facendo xuízos de
valor que non están baseados en datos
contrastados.
--Non aceptamos o desmantelamento da
educación pública para beneficio exclusivo da iniciativa privada, desviando
os fondos públicos para financiar empresas privadas da educación, moitas de
dubidosa legalidade que, incluso, atrévense a vulnerar a Constitución coa
connivencia de quen deberían cumprir e facer cumprir o marco legal vixente.
--Non aceptamos que se eliminen todo tipo
de axudas ao alumnado e ás familias, se incrementen as cotas e as taxas -aínda máis, creándoas onde non existían- , incumplindo
o mandato constitucional da gratuidade do ensino e o dereito de acceso en
igualdade de condicións.
--Non aceptamos que que os irresponsables
políticos que nos gobernan sigan a insultar ao profesorado que ensina aos nosos
fillos e fillas, profesorado que goza do respaldo das familias e do alumnado co
que conviven a cotío, nun ataque sen precedentes contra a figura do funcionario
público e dos interinos, aos que se trata en ámbolos dous casos como se fosen
bonecos de feira, co único obxectivo de poñer a educación en mans da empresa
privada e, con iso, de precarizar a profesión docente.
En definitiva, alumnos e familias dicimos: ATA
AQUÍ CHEGAMOS e esiximos,
--O cese fulminante do Ministro Wert e de
todo o seu equipo
--A retirada inmediata do inaceptable anteproxecto
de reforma da LOE
--A paralización inmediata de todas as
medidas de recorte e desmantelamento do ensino
público
--A apertura, cun novo equipo ministerial,
dun proceso real de diálogo cos diferentes sectores da Comunidade Educativa
para buscar entre todos o consenso preciso para mellorar, de verdade, o ensino
público.
FACEMOS UN CHAMAMENTO ÁS FAMILIAS para
que realicen o día 18 de outubro unha folga de nais e pais, consistente
en deixar baleiros todos os centros educativos para defender os dereitos dos
nosos nenos e as nosas nenas.
Asemade, pedímosvos que facilitedes a
posibilidade de que, sós ou coa vosa compaña segundo as idades e maduración dos
vosos fillos, poidan estes participar nas manifestacións de estudantes a
celebrar na mañán do día 17 e, todos xuntos, facelo tamén nas que se levarán a
cabo na tarde do día 18 nas distintas vilas e cidades de Galiza. Do mesmo
xeito, pedimos que formedes parte das Asembleas que se convoquen e dos piquetes
informativos que se realicen.
Chegou o momento de dar unha mensaxe clara
sobre que as cousas teñen chegado a un punto onde nunca tiveron que facelo. Non
estamos dispostos a que sigan por ese camiño.
CONFAPA-GALICIA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)