lunes, 17 de diciembre de 2012

Jornada Exhibición actividades extraescolares

Estimadas Familias:

O vindeiro xoves día 20, en horario de 15:30 e 17:30 horas imos celebrar unha exhibición das actividades extraescolares de Futbiño, Iudo e Taekwondo no pavillón do Colexio, ao remate os máis pequenos poden merendar un chocolate quentiño.

Queremos convidar ás familias, ao alumnado do CRA de Bergondo e ó do CPI Cruz do Sar a que asistan a esta tarde lúdica e informamos que poderán marchar os alumnos nos autobuses de actividades, que saíran do Colexio ás 17:30 horas.

Para facer máis sinxela a organización necesitamos saber o número de asistentes, como último día de prazo o mércoles día 19, rogamos cubran a ficha que se adjunta neste escrito e a entreguen na secretaría do Colexio ou na APA AS MARIÑAS.

Haberá un rastrillo solidario por LOLA no que podemos colaborar coa familia.

jueves, 13 de diciembre de 2012

MANIFESTO:

https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxhbnBhYXNtYXJpbmFzfGd4OjFmZjVjZDY0MWM1ODE1ZGI

http://www.confapagalicia.org/

Despois da presentación na Conferencia Sectorial da Educación do terceiro documento sobre a nova reforma educativa (LOMCE), a Plataforma en Defensa do Ensino Público, manifesta o seu rexeitamento ao mesmo. Non podemos tolerar que o Ministerio continúe falando “de consenso” coa comunidade educativa cando é totalmente falso, non existiu ningún tipo de diálogo, é máis, o Conselleiro de Educación de Galicia non deu a coñecer as propostas que ía presentar na devandita Conferencia sobre esta lei, nin deixou que nós lle fixésemos chegar as nosas.
Nesta última proposta o Ministerio maquilla a exposición de motivos do anteproxecto citando a equidade e a función de cohesión e integración que debe presidir a tarefa educativa así como o carácter que debe ter a educación como formadora de persoas autónomas con pensamento propio, no anterior contemplaba exclusivamente á educación como un ben ao servizo do sistema produtivo, e consideraba que a calidade do sistema se medía polos resultados dos alumnos. Sen embargo, esta redacción non é coherente co articulado posterior, que non modifica, senón que empeora notablemente, e serve unicamente como pretexto para acalar as críticas vertidas a unha primeira versión dunha lei que vulneraba de maneira aberta o principio de igualdade de oportunidades.
Mantéñense aspectos do anterior borrador respecto dunha ESO segregadora, deprecia a FP, introduce un modelo de avaliación como carreira de obstáculos, implanta a autonomía da competitividade, dá un salto atrás na xestión democrática dos centros educativos, aposta pola escola segregadora e retrocede na educación en valores.

miércoles, 12 de diciembre de 2012


Estimadas familias  

                           A Plataforma Estatal en Defensa do Ensino Público de Galicia, convoca ao conxunto da comunidade educativa galega a expresar o noso rexeitamento á política de recortes na Educación e contra do anteproyecto da LOMCE, chamada lei Wert.

                           En Galicia, ademáis das concentracións diante dos centros educativos as 9.00 horas da mañán e durante cinco minutos, convócanse unha ducia de concentracións en cabeceiras de comarca e diante dos centros educativos públicos, referentes e históricos, na Coruña : IES EUSEBIO DA GUARDA. Santiago : IES ROSALÍA DE CASTRO e Ferrol : IES SOFÍA CASANOVA.

Esta xornada de mobilizacións celebrarase o mesmo día en toda España, o xoves día 13 do presente mes e ano. Dado a imposibilidade de concentrarnos diante do noso Colexio ás 9.00 horas, cinco minutos, igual que se fará en toda España, queremos pedirvos a vosa presenza na concentración diante do IES “Eusebio da Guarda”, na Praza de Pontevedra de A Coruña, o mesmo xoves día 13, ás 19.00 horas. Alí estaremos presentes o conxunto das comunidades educativas da nosa comarca.

Convidamos a nais e pais, xunto aos nosos fillos e fillas e ao Claustro do CPI Cruz do Sar e CRA de Bergondo a participar neste acto cívico, de compromiso coa nosa Escola e en defensa do Ensino Público, pola dignificación da función docente e polo presente e futuro da educación dos nosos fillos e fillas.

Adxuntamos o manifesto que foi aprobado na reunión en Santiago de Compostela polas organizacións integrantes da Plataforma en Defensa do Ensino Público e acordaron por unanimidade que será leído nas concentracións convocadas ás 9.00 horas.

Recibide un cordial saúdo,

 
Xunta directiva APA AS MARIÑAS

 

 

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Días non lectivos


Piscina

 El próximo día 7 del presente mes podrán asistir a la actividad de piscina, aunque no dispondrán de autobús y deberán ser llevados y recogidos por los padres. Se recomienda confirmación de asistencia al APA.

Asimismo informarles que el día 14 podrán disfrutar de una jornada de puertas abiertas en la que los padres que así lo deseen deberán llevar chanclas para poder acceder.