sábado, 29 de septiembre de 2012

Actividades extraescolares


No presente mes de Outubro comenzamos coas actividades extraescolares organizadas pola APA AS MARIÑAS, queremos agradecer a boa acollida que tiveron este ano que a pesares da crisis que estamos a sufrir comenzamos con máis de oitenta alumnos pertencentes ao CPI Cruz do Sar e ás Escolas Unitarias no Concello e, agardamos, que se vaian interesando máis familias.

 

     Na Asemblea Xeral Ordinaria do pasado xoves aprobaronse as contas do ano pasado e unha vez explicada a situación actual e as medidas a tomar no presente curso, acordouse baixar as cuotas tanto para facerse socio da APA como para as cotas mensuais de cada actividade. Queremos axudar ás familias de xeito que sexamos un ente conciliador para as familias e lúdico-educativo para os pequenos, será :

 

              COTA DE SOCIO por unidade familiar : 10 Euros, mantemos o seguro de accidentes e RC de cada socio tanto para actividades como  saídas extraescolares organizadas por esta APA.

 

              E a COTA MENSUAL por actividade :  10 Euros

 

     Nos poñeremos en contacto coas familias que xa se fixeron socias no mes pasado e se lles devolverán os cartos aportados de máis, agradecéndolles que manteñan a súa confianza, sen esquecer que gracias a tódolos socios e membros de Xuntas Diretivas que ao longo dos máis de trinta cursos escolares anteriores foron fomentando e mantendo viva esta Asociación.

 

     O horario das actividades queda do seguinte xeito, as que non se mencionan é resultado de non facer un mínimo de participantes adecuado á actividade:

 

     LUNS :

 

     PINTURA E DEBUXO : de 15.30 a  17.30 horas. Impartirase nunha aula de debuxo do Colexio, non hai bus e se deberán vir recoller aos rapaces/as ao Colexio

    

     IUDO: de 15.30 a 17.30 horas. Impartirase no ximnasio do edificio A Senra, as familias deberán recoller aos participantes por non haber autobús.

 

 

 

     MARTES :

 

     INFORMÁTICA : de 15.30 a 17.00 horas. Impartirase na aula de informática do Colexio.

     FÚTBIÑO : de 15.30 a 17.00 horas. Impartirase no pavillón do Colexio.

     TAEKWONDO : de 15.30 a 17.00 horas. Impartirase no ximnasio do Edificio A Senra

     ALOHA  Mental Arithmetic : de 15.30 a 17.00 horas. Impartirase en dúas aulas do Colexio.

     Queda pendente de comenzar Inglés lúdico cun mestre nativo.

 

 

     MÉRCORES :

 

     IUDO de 15.30 a 17.00 horas.

      PATINAXE de 15.30 a 17.00. Impártese no pavillón do Colexio.

    

 

 

     XOVES :

 

     INFORMÁTICA de 15.30 A 17.00.

      FÚTBIÑO  de 15.30 a 17.00

      TAEKWONDO de 15.30 a 17.00

      ALOHA Mental Arithmetic de 15.30 a 17.00

    

            Pendente comenzar inglés con mestre nativo

 

 

 

    VENRES :

 

    PISCINA (Sada) ás 15.50 saen en autobús dende o Colexio con dúas acompañantes do noso APA, estarán no auga dende as 16.15 ate as 17.00 horas, ás 17.15 sairá o bus para distribuir aos pequenos nos respetivos domicilios.

     Caso de ir familias a levar ou recoller aos fillos deberán avisar ás dúas persoas do APA AS MARIÑAS que os acompañan dende a saída do Colexio, a fin de manter a organización e control da actividade.

 

     Este ano a cota para abonar esta actividade de piscina será de 50 Euros inclúe o curso os meses de outubro, novembro, decembro, xaneiro, febreiro, marzo, abril e maio e abónanse no presente mes. 

 

 

     NOTA ACLARATIVA : os martes, mércores e xoves saen dende o Colexio dous autobuses facilitados polo Concello de Bergondo, no que se repartirán aos seus domicilios aos participantes que así o desexen, irán acompañados por dúas persoas da APA AS MARIÑAS que se encargarán de deixalos nas paradas cun adulto. As rutas de reparto as fai a empresa responsable xunto co equipo diretivo do Colexio e poden variar das habituais escolares. Os que sexan recollidos deberán avisar ao monitor responsable da actividade e ao persoal da APA que se atopa nese momento no Colexio antes de abandonar o recinto. Agradecemos a vosa colaboración para facilitarnos a organización e evitar problemas. 

 

     Recibide un cordial saúdo,

 

 

     Asdo. Xunta diretiva APA AS MARIÑAS

 

jueves, 6 de septiembre de 2012

Urgente para 2º de Educación Primaria


O Proxecto de Sección Bilingüe para 2º de Educación Primaria na área de Expresión Plástica foi aprobado, polo que o alumnado de dito curso deberá mercar o libro de Exp. Plástica en INGLÉS :
                  ARTS & CRAFTS 2 PRIMARY
                  EQUIPO EDITORIAL SANTILLANA, 2011
                  978 - 84 - 680 - 0373 - 3

miércoles, 5 de septiembre de 2012

Axudas para a escolarización de menores do Concello de Bergondo


O Prazo de presentación de solicitudes do 5 ao 14 de setembro de 2012 (ambos os  dous incluídos) de luns a venres en horario de  10 a 14 horas, dirixiranse ás Oficinas dos Servicios Sociais de Bergondo.

Bases reguladoras da convocatoria de axudas para a escolarización de menores do concello de Bergondo
http://www.concellodebergondo.com/autogen/flash/bergondo//AXUDAS_ESCOLAR_20122013.pdf

http://www.bergondo.es/